Esta foi a pregunta que desembocou na actividade que hoxe vos amosaremos.
Todo comezou a partires deste conto de Susa Herrera:
Neste libro musicado se recollen unha morea de cancións sobre diferentes animais. Cada unha das aulas de educación infantil da escola está a traballar cunha das cancións e, polo tanto, cun dos animais.
Aos nenos e nenas de 4 anos nos tocou a avestruz e quixemos saber como eran de altas. Así, na letra do conto di que estes animais poden chegar a medir 2 metros... "Dous metros?" "E iso canto é?"
Aquí comezou a nosa investigación. O primeiro que fixemos foi pedirlle a mestra Ángeles a súa colaboración e o fixo aportando un metro moi interesante para nós.
As mestra Paula e Emma foron guiando aos nenos e nenas: "Para atopar un metro, tedes que buscar o 100, o número 100, o que está formado polo un e dous ceros"... Mans á obra!!!
Así, uns coa axuda dos outros foros buscando no metro ata atopar o número que precisabamos.
A continuación, e coa axuda dun papel continuo de cor blanca, estiramos o metro dende un dos extremos do papel e marcamos onde estaba situado o 100 (1 metro).
Debatimos entre todos que agora tiñamos un metro, pero que as avestruces non medían un, medía dous metros, así que tivemos que chegar á conclusión que precisabamos facer outro "anaco de 100" a continuación do anterior.
Así o fixemos e xa tiñamos marcado a lonxitude dunha avestruz: dous metros.
Neste momento, soamente tivemos que cortar o papel para o deixar nesta lonxitude e, a continuación, a mestra Paula debuxou a avestruz, que decoramos entre todos/as.
Xa tiñamos a avestruz... Que alta era!!! Máis alta que as mestras!!! E nós, canto mediamos nós?
Aproveitando outro papel continuo, o alumnado de 4 anos decidiu comprobar a súa altura e así o fixemos, rexistrando cada unha delas no papel colocado no corredor da escola.
Aquí poderedes ver un resultado desta divertida e práctica actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario