martes, 7 de mayo de 2013

A protagonista da semana: MARINA



A, do 29 de Abril ao 3 de Maio, a protagonista foi:
MARINA
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis á nosa compañeira Marina: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantada de poder amosarnos algunhas das súas cousas favoritas: peluches, roupa, conto...!
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa, e coa cinta métrica comprobamos cánto medrou,... o panel foise enchendo coas súas cousas.
O venres 3,  tivemos a visita na aula da súa familia. Os seus papás Paqui e Chema, que foron  recibitos con moito alboroto porque xa os coñecéramos a semana pasada, cando a  súa irmá xemelga, Ana, foi a protagonista
Marina amosoulles o traballo realizado durante a semana, e a continuación os compañeiros comezaron a exercer de reporteiros facendo as preguntas. Aínda que xa coñecían algunhas respostas como os nomes e os traballos dos pais, interesáronse moito polas cousas que Marina fai na casa, como era de bebé, etc. Ate a súa irmán, Ana, facía preguntas.
Así soubemos que Marina de bebé durmía moito e que espertaba puntualmente cada tres horas para comer, igualiño que Ana! Que agora que medrou non para de xogar, que lle gusta moito debuxar, que tamén lle gusta moito coller flores no campo e  axudar na casa: poñer a mesa, arranxar a habitación, pasar a aspiradora...
Tamén quixemos recordar algunha das palabras en euskera que aprenderamos a semana pasada. Por exemplo: abó/aitona, aboa/amoña, profe/andereño,... 
Xa se esgotaba a paciencia, e os nenos e nenas reclamaban a sesión de maxia que Chema lles prometera a outra semana. Pero como é un mago de palabra non se fixo de rogar e comezou a sesión.  
Para comezar volveu a presentar o número das gotas máxicas, xa que pensou que faltaba algo para que se formase a estrela máis rápido: as palabras máxicas que deberían pronunciar os nenos/as: “estrela, estreliña, faite bonitiña”. Efectivamente, funciona!
Pasar o lume dun mechero que funciona a outro que non. O globo que se corta e coas palabras máxicas volve a hincharse. Tamén outro globo que se pincha cun alfinete e non estoupa...
E como non, todos querían probar o truco dos brazos que se abren sos! 
Volveu a ser outra expriencia máxica. Todo un luxo ter un mago na clase!
E para rematar esta sesión, Marina e a súa familia repartiron uns agasallos que acabaron de facer as delicias dos presentes.
 E como sempre, antes de rematar esta visita, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímolos cun merecido aplauso.
 GRACIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario