jueves, 6 de junio de 2013

A protagonista da semana: SARA

A semana, do 27 ao 31 de Maio, a protagonista foi:
SARA

Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis á nosa compañeira Sara: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos. . . e tamén estivo encantada de poder amosarnos algunhas das súas cousas favoritas: peluches, roupa, conto . . . !
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa, e coa cinta métrica comprobamos cánto medrou, . . . e o panel foise enchendo coas súas cousas.
O xoves 30, tivemos a visita na aula da súa familia. Os seus papás Nati e Fon (Alfonso) e a súa irmá, Laura, que xa está na clase de 5º de Primaria.

Sara amosoulles o traballo realizado durante a semana, e a continuación os compañeiros comezaron a exercer de reporteiros facendo as preguntas de costume: os nomes, os traballos, cousas que Sara fai na casa, como era de bebé, etc
Así soubemos que Sara non come nin bebe moito, que de bebé choraba moito, sobre todo polas noites e non lles deixaba durmir . Que é unha nena moi inqueda que non para de xogar, que lle gusta moito pintar e facer figuriñas de escaiola, que lle encanta disfrazarse e maquillarse, ver a tele, bañarse na praia e na piscina, e xa sabe nadar! Tamén lle gusta moito ler, pero o que mais lle gusta é bailar! Que vai a patinaxe e entrena moito.

A súa irmá, Laura, contounos que ás veces anda pola casa correndo, gritando e protestando, e que lle gusta agochar cousas. Pero a súa mamá tamén nos dixo que axuda moito e que obedece cando lle mandan algo.
A continuación Sara quixo que a súa mamá nos contase outro dos seus contos preferidos “O Gato Lambón”. Gustounos moito e pasámolo moi ben repetindo a ristra de cousas que ia comendo.
E para rematar esta sesión, Sara e a súa familia repartiron un agasallo moi especial, feito na casa por eles mesmos. Estamos encantados cuns portalápices tan fermosos.

E como sempre, antes de rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.

GRACIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario