Durante toda esta semana, levaremos a cabo na escola a "Semana Cultural", un percorrido por todos os países visitados por Tintín e Milú e as investigacións levadas a cabo por cada unha das aulas do colexio.
Hoxe, foi o inicio desta actividade e, que mellor maneira de comezar, que co alumnado de educación infantil!!!
Así, os nenos e nenas deste ciclo expuseron todo o investigado sobre a República Democrática do Congo Congo ao alumnado de 6º de primaria.
Grazas á súa exposición, os nenos/as maiores puideron coñecer a situación deste país no mapa, a súa bandeira, a moeda, as linguas que alí se falan,... así como descubrir a infinidade de animais que atopamos na sabana.
Doutra banda, lles contaron datos variados sobre o conto que traballaron: información da cuberta, autor, elaboración dun conto adaptado polas mestras de educación infantil,...
Se queredes seguir descubrindo as outras exposicións que se levan a cabo nesta Semana Cultural, podedes visitar o blog da BiblioRía na seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario