Xa a piques de rematar o curso escolar, dende a escola informamos a todos os nosos usuarios/as sobre as actividades programadas para este fin de curso.
FESTA DE FIN DE CURSO NA ESCOLA
MÉRCORES, 19 DE XUÑO: Ás 12:45 horas -> FESTA FIN DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Están convidadas a asistir como público as familias do alumnado destes niveis.
Programa:
- 1º Ed. Primaria: "Lúa Chea" (Conto con proxección de sombras)
- 4º Ed. Infantil: "A xirafa" (Canción)
- 5º Ed. Infantil: "O avestruz" (Canción)
- 2º Ed. Primaria: "O lobo" (Canción con baile)
- 6º Ed. Infantil: "O gorila" (Canción)
- Graduación aula 6º Ed. Infantil.
XOVES, 20 DE XUÑO: Ás 12:45 horas -> FESTA FIN DE CURSO 2º E 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Están convidadas a asistir como público as familias do alumnado destes niveis.
Programa:
- 4º Ed. Primaria: "A formiga coxa" (Teatro)
- 3º Ed. Primaria: "Tintín e as momias namoradizas" (Canción)
- 5º Ed. Primaria: "Collín, Collín" (Conxunto instrumental)
- 6º Ed. Primaria: "Mar e arte" (Canción)
- Despedida alumnado de 6º Ed. Primaria.
Os días 19 e 20 de xuño, a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 12:30 horas. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais. Se algunha familia quere recoller aos seus pequenos/as unha vez rematada a festa, deberá avisar á mestra-titora antes do día 19 e, en calquera caso, poderán recollelos ás 14:30 horas. O día 21 haberá clases nos horarios habituais.
OUTROS ACTOS DE INTERESE
Sábado, 15 de xuño: Festa Fin de Curso organizada pola ANPA. Dende as 12:30 ata as 19:30 horas.
Sábado, 22 de xuño: Concerto "Son dun pobo, son dunha escola" no Local Social de San Miguel de Oia ás 20:30 horas, a cargo da Banda de Música de San Miguel de Oia e alumnado de 4º, 5º e 6º curso de educación primaria da escola.
Dende o 25 ao 28 de xuño: Biblioteca de Verán na Praia de Canido. Dende as 16:30 ata as 20:00 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario