viernes, 21 de junio de 2013

Festival Fin de curso 2012/2013

O 19 de xuño de 2013, tivo lugar o Festival de Fin de curso na escola. 
Puidemos desfrutar coas actuacións de todos os nenos e nenas de educación infantil, así como cos das nosos amigos/as de 1º ciclo de educación primaria.
A xornada comezou, coma sempre, ás 09:30 horas da mañá. Nada máis entrar na escola, xa se notaba o ambiente festivo (nenos e nenas "engominados", traxeados, elegantes,...).
Sobre as 12:00 horas da mañá, comezou o "momento traxe" nas aulas de educación infantil: xirafas, avestruces e gorilas foron os protagonistas!!! Traxe arriba, traxe abaixo e un pouquiño de colorete foi o necesario para que o alumnado estivese perfecto e acorde coa súa canción.
Coma sempre, foto de rigor antes de baixar ao escenario.
Nada máis chegar ao ximnasio da escola, puidemos descobrir unha gran sopresa: Susa Herrera estava alí! Viñera a visitarnos e colaborou coas nosas actuacións, presentándoas e facendo que todos os presentes colaboraran coas cancións. GRACIAS SUSA!!!
E aquí sobre o escenario...

4º EDUCACIÓN INFANTIL_3 ANOS_"A XIRAFA"
5º EDUCACIÓN INFANTIL_4 ANOS_"O AVESTRUZ"

6º EDUCACIÓN INFANTIL_5 ANOS_"O GORILA"
 
A continuación, tivo lugar un dos momentos máis emotivos do día: a graduación do alumnado de 5 anos.
Comezaron recitando unha preciosa poesía que versaba sobre o seu paso polo infantil e as vivencias que tiverán. Debaixo do traxe de gorila levaban unhas camisetas especiais coas imaxes de todos os compañeiros/as da aula.
Posteriormente, tivo lugar a imposición das bandas e diplomas que os acreditan como graduados en educación infantil, así como unha adaptación do tradicional "Gaudeamus".

Como colofón final, os pais/nais da aula de 5 anos quixeron facer un agasallo a cada un dos mestres/mestras que este ano tiveron os seus fillos/as, así como unhas amorosas palabras para a súa titora, Ángeles.
 
Aquí vos deixamos esta presentación de imaxes.


Poderedes acceder a todas as imaxes desta celebración premendo na imaxe da cámara de fotos que tedes debaixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario