A semana do 18 ao 22 de Marzo, o protagonista foi:
ANDRÉ
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro André: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... estivo encantado de poder amosarnos os seus obxectos favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto...!
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos canto medrou.
Entre fotos e outras cousas o panel foise enchendo ao longo da semana.
O venres día 22, tivemos a visita na aula da súa nai, Ana; ao seu pai non lle foi posible vir porque tiña que traballar.
André amosoulle o traballo que estivo a facer durante a semana e deseguido chegou o momento das preguntas; comezamos preguntando os seu nome e interesándonos polos traballos.
Tamén, quixemos saber como foi André de bebé e como se porta na casa. Así, soubemos que comía e durmía moito de bebé, que na casa ás veces se porta ben e outras regular, quen non lle gusta moito ver a tele, só os debuxos e os documentais de animais, que lle gusta moito xogar ao fútbol co seu equipo, que fala moito e que lle gusta moito pintar, ate vai axudar a seu pai a pintar as paredes da casa. . .
Despois, Ana cantounos unhas cancións que nos gustan moito de “Cantajuegos”: “yo tengo una casita” e “Soy una taza”, todos participamos encantados, xa que resultou moi divertido.
Pero André quixo que escoitáramos o CD do seu conto favorito, e resultou moi relaxante.
Antes de rematar, repartiron uns agasallos que fixeron as delicias dos compañeiros/as: uns oviños de Pascua e unha rá saltarina, feita por eles mesmos na casa coa técnica de papiroflexia.
E, como sempre, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario