martes, 23 de abril de 2013

O protagonista da semana: JOEL

A semana do 15 ao 19 de Abril, o protagonista foi:

JOEL


Ao longo da semana, fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Joel: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantado de poder amosarnos os seus obxectos favoritos: peluche, xoguete, roupa...


Tamén nos amosou o seu conto favorito, “El burrito Platero”, unha estupenda adaptación de “Platero y yo” de Juan Ramón Jimenez, que ademais leu para os seus compañeiros/as.Todos/as quedamos encantados de escoitalo!
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e nos amosou o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos cánto medrou.


Entre fotos e outras cousas o panel foise enchendo ao longo da semana.

O venres día 19, tivemos a visita na aula da súa familia ao completo, os seus pais Manuel e Cristina, e o seu irmán Dani, que está na clase de 4º.


Joel, amosoulles o traballo que estivo a facer durante a semana, e deseguido chegou o momento das preguntas; comezamos preguntando o seu  nome e interesándonos polos  traballos.


 Tamén quixemos saber como é Joel cando está na casa. Así, soubemos que come case de todo, menos o brécol, que non pode tomar leite de vaca e toma leite de soja con cereais de chocolate no almorzo; que lle gusta moito durmir e sempre o fai co seu peluche preferido, o osiño marrón. Ten moitos peluches, ás veces se porta ben e axuda nalgunhas tarefas, gústalle moito xogar coa wii e a psp, o fútbol é o seu deporte favorito, pero tamén vai a natación todas as semanas e lle gusta moito ir á praia cando fai bo tempo; tamén le contos e lle encanta ir aos cumpres dos amigo/as.


Despois, ensináronnos un xogo de cartas que lle gusta moito a Joel. Todos/as estivemos moi atentos e Joel nos foi chamando para participar. 


Antes de rematar, repartiron uns agasallos que fixeron as delicias dos compañeiros/as: uns sugus e uns “monstruos” de dedo moi divertidos.


 E, coma sempre, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímolos cun merecido aplauso.


  GRACIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario