O 23 de abril, celebramos o Día do Libro na escola.
Como ben sabedes, a UNESCO estableceu esta data como "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR", xa que nesa data, do ano 1616, finaron Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, tres grandes figuras da Literatura Universal.
Por este motivo, neste día tan especial, para ir coñecendo a obra deste español universal, ao mesmo tempo que o fan milleiros de nenos/as de todo o mundo, xuntámonos por grupos, na BiblioRía do colexio, para ler o comezo deste libro:
" DON QUIJOTE DE LA MANCHA" , de Cervantes.
Esta vez a lectura fixémola nunha versión que temos en comic na Biblioteca, para relacionalo co proxecto que estamos a desenvolver neste curso.
Tamén escoitamos a lectura do poema titulado "Só un libro", recitado por un grupo de nenos/as de 5º e 6º, que foi un agasallo que a escritora Paula Carballeira fixo ás Bibliotecas escolares de Galicia para o día do libro deste ano.
Os nenos/as levaron como agasallo unha páxina do cómic, para lela e coloreala ó seu gusto e unha gominola de Gaspar.
Para os mestres/as tamén houbo agasallos.
Fonte: www.biblioria.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario