A semana pasada, do 8 ao
12 de Abril, o
protagonista foi:
NICOLÁS
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis ao noso
compañeiro Nico: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantado de poder amosarnos
os seus favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto...
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos
o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos canto medrou.
O venres día 12, tivemos a visita na aula dos seus pais,
Yolanda e David.
Nico amosoulles o traballo que estivo a facer durante a
semana e deseguido chegou o momento das preguntas; comezamos preguntando o
seu nome e interesándonos polos seus traballos.
Tan curiosos como
sempre, quixemos saber como foi Nico de bebé e que fai cando está na casa. Así,
soubemos que durmía moito e so espertaba para comer, que agora lle segue a
gustar comer e tamén bebe moito. Que cando comezou a gatear non paraba de xogar e, agora que xa medrou, gústalle xogar ao futbol, e se chove pinta e ve os debuxos
na tele; tamén lle gusta xogar cos coches e cos cans. O da
casa de mamá chámase Leo.
Trouxéronnos un xogo moi divertido chamado “El lince” no
que participamos todos e pasámolo moi
ben.
Antes de rematar repartiron uns agasallos que estabamos
desexando abrir.
E como sempre,
entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario