martes, 29 de octubre de 2013

Exposición do Samaín e Petos de Ánimas

O pasado venres, levamos para as casas unha nota informativa na que explicabamos o seguinte:


Estimadas familias: Coa chegada do Samaín temos pensado facer unha exposición de cabazas decoradas. Aquelas nenas e nenos que queiran participar nesta convocatoria deben entregar a súa cabaza (xa decorada) o luns 28 en xefatura de estudos. As cabazas entregadas estarán expostas no recibidor do colexio ata o mércores 30, data na que os seus propietarios as deberán recoller para ambientar a súa casa na noite de defuntos.
Así mesmo, gustaríanos que nos enviedes a través dos vosos fillos e fillas unha receita típica desta altura do ano. Nesta receita debe figurar o nome, ingredientes e preparación. Do mesmo xeito, debe ser entregada en Xefatura de Estudos.

Coma sempre, as nosas familias colaboraron moi positivamente na actividade e onte, luns, á volta do recreo pasamos pola exposición para desfrutar tanto das cabazas, como das receitas e o Peto de ánimas, tamén presentes.
Aquí vos deixamos unhas imaxes. 
Dende o blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, explícannos máis detalladamente o que é un Peto de Ánimas. 
Poderedes acceder á explicación premendo no seguinte enlace:

2 comentarios:

  1. Qué bonito está todo! Da gusto ver como colaboran as familias. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Un gusto, coma sempre, ler os teus comentarios.
    A verdade é que a exposición quedou chulísima e tenebrosa!!! As familias sempre colaboran moito coas actividades que se lle propoñen.
    Saúdos e Feliz Samaín

    ResponderEliminar