martes, 22 de octubre de 2013

Que número tes de zapato?

Onte, na aula de 5 anos estivemos a realizar unha actividade moi divertida e que recomendamos a todos os nosos usuarios e usuarias.
A actividade titúlase:
QUE NÚMERO TES DE ZAPATO?
Os nenos e nenas da aula tiñan moita curiosidade por coñecer o número de zapato que tiña cada un deles. Así, cada día que o encargado colocaba o número no calendario preguntaban cando iamos a xogar co calzado... pois esta semana foi a definitiva e decicimos que xa era hora de descobrir o número que cada un deles tiña agochado no seu zapato.
Como todos xuntos non podiamos comezar a descalzarnos, decidimos que a mellor forma de facelo sería por quendas, de un en un. Así, antes de iniciar o xogo, deixamos claras dúas normas para que todo transcurrise con tranquilidade: a primeira era saber esperar a quenda e, a segunda, respectar o compañeiro/a.
Cada un dos nenos e nenas da aula foi quitando o seu zapato e, coa axuda da mestra, foi buscando o número onde aparecía a talla de zapato. Cando xa o sabiamos, o neno/a indicado anotaba nunha táboa de rexistro a súa talla. Pouco a pouco, fomos enchendo os cadros cos resultados de todos os zapatos da aula, así como a gráfica que medraba e medraba. Algúns números quedaron baleiros, non tiñamos a ninguén coa talla 20, 21, 22...
Por outro lado, quixemos representar os resultado en volume, polo que utilizamos as construccións e fixemos torres en funcións dos nenos/as que tiñan ese número de zapato. Así, o "gañador" foi o número 29... tiñamos moitos nenos e nenas con esa talla!!! Doutra banda, Tomás, cun 34 de pé e Metsehet, cun 35 foron os que quedaron reflectidos cos pés máis grandes. Sara e Keira tiñan o número máis pequeno, o 26.
Unha vez recollidos todos os datos, cada un dos nenos e nenas recolleu toda a información nunhas follas de rexistro. Nun primeiro momento, anotaron os resultados de cada unha das tallas e, a continuación, traballamos por grupos. 
 
Para comezar, a mestra lle colocou a cada neno/a unha pegatina co número do seu zapato. Cada unha das mesas da aula (un total de 6) foi escribindo nunha folla os nomes dos integrantes do seu grupo así como a talla de zapato de tiñan; para iso, lle tiñan que preguntar ao compañeiro/a e, se tián dúbidas sobre como se escribían os números, o neno ou nena lle deixaba mirar a pegatina onde figuraban os números correspondentes
Unha actividade moi divertida e moi recomendable para traballar nas aulas. É unha forma moi amena e sinxela de traballar os números, as gráficas, a atención,...
Agardamos que esta actividade fora do voso interese e que a poñades en práctica xa que da moi bos resultados.

2 comentarios:

  1. Que divertido! Vese que o pasaron fenomenal. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, coma sempre, polos teus agarimosos comentarios.
    Unha actividade moi recomendable para traballar nas aulas.
    Apertas

    ResponderEliminar