miércoles, 23 de octubre de 2013

O Cullarapo Croque

Onte, martes 22 de outubro, desfrutamos dunha actividade sobre o conto "O Cullarapo Croque", grazas á visita á escola de Miguel, un mestre contacontos moi divertido (preme no seu nome para coñecelo un pouco máis).
Ao longo da actividade, puidemos descobrir os poemas que integran o libro e que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto a individualidade.... xunto a fermosas imaxes que forman un "todo" perfectamente conectado. 
Todos os presentes escoitamos con atención a Miguel, así coma participamos nas actividades e xogos que nos propoñía. Ao rematar a sesión, puidemos debuxar nunha folla unha das personaxes do conto que máis nos gustou e agasallar ao noso contacontos cunha morea de debuxos sobre o libro.
Aquí vos deixamos as imaxes da sesión.
Aquí vos deixamos coa presentación deste libro (un vídeo que puidemos atopar no blog  http://elvuelodelasmariposas.com/)

Por último, compartimos tamén este vídeo cos versos do libro.

2 comentarios:

  1. Que ben o pasáchedes!!!!!!! O conto é chulísimo. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas por comentar.
    Teñen tamén contos para nenos e nenas maiores que resultan moi atractivos.
    Podedes atopar a Miguel no facebook e seguir as súas andanzas e publicacións.
    Saúdos e unha forte aperta.

    ResponderEliminar