lunes, 21 de octubre de 2013

O outono - Arcimboldo

Fai un tempo, publicamos neste blog a seguinte entrada:

Xa podedes acceder a unha nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo (EDI) ou "pizarra máxica".
Esta vez, vos presentamos unha actividade dirixida ao alumnado de educación infantil (tamén ao de primaria) onde traballamos cun cadro do artista Arcimboldo, concretamente con este:

"O outono"_1573_Museo do Louvre (París)
A actividade está dirixida a traballar APRENDENDO A PENSAR polo que a imaxe do cadro non se amosa na súa totalidade senón que, pouco a pouco, o alumnado vai mirando un anaquiño da imaxe e teñen que pensar que podería ser iso que se amosa.
Ao prensentar o cadro deste xeito, creamos un momento de intriga e despertamos a curiosidade. Formulamos diferentes preguntas: que ves?, que cores ves?, onde podería estar iso que miras?,...
Aquí vos deixamos unha mostra do que eles ven e que poderedes atopar ao descargar a actividade.
Para acceder á actividade e poder xogar con ela, podes dirixirte á Wiki do noso cole onde as temos almacenadas (preme no enderezo web ou na imaxe da portada da actividade e accederás á páxina onde está aloxada)

http://edi-riadevigo.wikispaces.com/Estaci%C3%B3ns+do+ano


Este ano, quixemos recuperar esta actividade e traballar de novo cos nenos e nenas este cadro. Voltamos presentar ao alumnado a imaxe, pero pouco a pouco. Case ninguén lembraba o xogo e xurdiron, de novo, ideas e pensamentos variados ata que algún dixo que era una cara formada con froitos.
Como estes días estamos a traballar coa estación do outono, decidimos que sería boa idea facer un "Señor Outono" no corredor, por iso puxemos mans á obra e comezamos a colorear froitos e follas da estación.
Unha vez tivemos todo pintado e recortado, chegou o momento de comezar a montar a cara do "Señor Outono" e aquí van algunhas imaxes da montaxe. Cando estea rematado, subiremos ao blog o resultado que agardamos vos guste.

2 comentarios:

  1. Moitas grazas por comentar!
    Dentro de pouco, subiremos ao blog o resultado. A verdade é que está quedando moi chulo. Traballar co artista Arcimboldo sempre é unha boa idea, xa que os nenos e nenas aprender a diferenciar os obxectos que conforman o resultado, co que quere representar o artista.
    Saúdos

    ResponderEliminar