Na aula de catro anos, nun dos momentos da semana, voltamos retomar o tema
das entradas; fixámonos nas aportadas por algúns compañeiros/as e
estivemos establecendo semellanzas e diferenzas entre elas. Unha vez feito isto, construimos entre
todos e todas no encerado un modelo tipo de entrada onde figurasen estes datos: nome do museo, prezo
e data da visita.
En días posteriores, realizamos dúas fichas sobre o tema: nunha tiveron que rodear o nome do museo de vermello e o prezo de azul, así como pegar tantos euros como indicaba o prezo da entrada; na outra actividade, tiveron que escribir na entrada elaborada por nós a data da visita, o nome do museo que eliximos entre todos/as e o prezo de dita entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario