A semana pasada, na aula de 5 anos estivemos a ler o segundo conto do libro "La mariquita Juanita".
Nesta ocasión, coñecimos aos peixes vermellos do lago, que Juanita miraba alí reflectidos. Cada un de nós viu os peixes do libro e estivemos a comentar que tipos de peixes coñeciamos, se comiamos algúns deles, etc. Comparamos o tamaño que estos peixes vermellos tiñan coa nosa palma da man e, a continuación, cada neno e nena debuxou nunha folla o lago e os peixes que miraba a xoaniña.
Aquí vos deixamos unha presentación con todos eles:
Doutra banda, aproveitamos a sesión para subir á aula onde lemos os contos de Juanita todos os materiais aportados polas familias. Así, fomos enchendo as mesas con obxectos variados así coma con diferentes traballos realizados na aula: un deles onde se describe como é Juanita e, o outro, no que representamos o reflexo no lago dalgúns de nós.
Que peces máis bonititños! Menudos artistas! Un saúdo.
ResponderEliminarMoitas grazas, Ana.
ResponderEliminar"La mariquita Juanita" é un libro moi atractivo para eles e a guía didáctica propón milleiros de actividades. Recomendámolo.
Saúdos