O pasado luns, os nenos e nenas de 5 anos continuamos traballando sobre a necesidade das entradas á hora de acceder aos museos.
Nesta entrada do blog: http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2013/12/o-antes-o-durante-e-o-despois-dunha.html xa comentabamos a investigación que fixeramos da entrada que nos deran na Fundación Novacaixagalicia ao pagar 1 euro para poder desfrutar da exposición sobre Ruibal.
Nesta entrada puidemos diferenciar o nome do museo, a data e o prezo.
Grazas á colaboración das familias co proxecto, podemos ter na aula materiais variados cos que traballar e continuar a nosa investigación.
Así, esta semana puidemos observar e analizar diferentes entradas a outro museos (algúns gratuítos e, outros, de pago) como os seguintes:
Museo do chocolate. Prezo: 1 euro.
Museo do Mar. Entrada gratuíta.
Museo da Catedral de León. Prezo: 2,50 euros.
Van Gogh Museum. Prezo: 14 euros.
Firenze Musei. Prezo: 6,50 euros.
Entre todos e todas puidemos observar, tocar e analizar cada unha das entradas, localizar onde estaba situado o prezo, o nome do museo, etc.
Cando rematamos de analizar cada unha das entradas aos museos, nos dedicamos a pensar u poquiño. En que outros lugares precisamos unha entrada para poder acceder? Pouco a pouco, elaboramos na pizarra branca unha lista de lugares onde nos piden unha entrada ou onde temos que facer un pago para acceder. Aquí podedes ver a listaxe que elaboramos e que, posteriormente, cada un dos nenos e nenas escribiu na súa folla de rexistro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario