Unha semana máis, voltamos ter a nosa sesión coa xoaniña ”Juanita” na aula de catro anos. Desta volta, comparamos as
diferentes tonalidades de negro na gran variedade de obxectos da aula e nas
prendas de vestir dos alumnos e alumnas.
Por último, e como estamos embarcados no proxecto da biblioRia “
Lendo con arte”, estivemos a comparar as tonalidades de negro con algunhas
obras de arte como:
Príncipe Negro, de Paul Klee
Retrato de niña, de Lucas Cranach
Unha vez rematada esta parte da sesión, cada neno/a
realizou o seu propio retrato e lle puxo o nome á obra de arte; ao
carón pegaron o retrato feito por Lucas
Cranach. Así rematou unha semana máis a nosa cita con “Juanita”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario