O pasado mércores, 18 de decembro, desfrutamos do tradicional Festival de Nadal na escola. O alumnado de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria decidiu recrear unha festa de fin do ano e comezaron o acto coas tradicionais doce badaladas.
A continuación, comezou a festa e os bailes.
Ao día seguinte, o xoves, desfrutamos coas actuacións do alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria.
Hoxe, venres, recibimos a visita de Papa Nöel na escola, que nos agasallou cunha bolsa de saborosas chuches... estaban boísimas!!! así como degustamos un chocolate con rosca preparado polas cociñeiras do colexio.
Se queredes desfrutar coas imaxes das celebracións destes días, podedes premer na seguinte ligazón:
Pouco a pouco, subiremos máis material audiovisual para que poidades lembrar estas festas de Nadal.
Por outro lado, esta tarde subiremos unha recompilación de recursos variados para traballar e xogar co Nadal nas casas durantes estes días sen escola.
BO NADAL!!!
Seguro que todos o fixeron fenomenal e saíu un gran festival. Unha aperta.
ResponderEliminarFoi un Festival chulísimo. Decidimos cambiar e non facer as panxoliñas de sempre, unha Festa de Fin de Ano nos apetecía máis e nos pareceu máis divertida para pasalo ben coas típicas cancións que sempre soan nestas datas.
ResponderEliminarO alumnado fixoo de marabilla.
Saúdos e bicos.