Xa fai un tempo, publicabamos neste blog unha actividade realizada polo alumnado de 5 anos da escola: coñecer cal era o seu número de zapato. Para lembrar a entrada do blog, poderedes premer nas seguintes ligazóns:
A semana pasada, contabamos neste blog que o alumnado de 5 anos retomara a realización de actividades sobre medicións e, para iso, decidiu facer a silueta real do pé e da man e colorealo coas cores que quixeran.
Hoxe, vos amosamos o resultado completo da actividade, o panel que elaboramos con todos os datos, as fichas de rexistro individuais, ...
Recomendamos a actividade a todas as familias e ás escolas que a queiran facer. Poderemos medir non só as partes do corpo, senón tamén diferentes obxectos de uso diario ou todos aqueles aparellos que nos apetezca. É unha forma moi divertida, amena e atractiva de traballar os números e as cantidades.

Unha vez coloreadas as mans e os pés, puidemos utilizar o metro e descubrir os centímetros que medían para, posteriormente, anotar os datos nunha folla de rexistro.
Tivemos a mesma idea :) Nós esta semana tamén estivemos a medir as mans e os pés, claro que a nós fíxonos falta un folio A3 para os pés ;) Un saúdo.
ResponderEliminarQue coincidencia!!!
ResponderEliminarA verdade, é unha actividade sinxela pero moi motivadora para os pequenos.
Saúdos e grazas por comentar.