lunes, 20 de enero de 2014

Usamos o metro para medir os zapatos e as mans

Xa fai un tempo, publicabamos neste blog unha actividade realizada polo alumnado de 5 anos da escola: coñecer cal era o seu número de zapato. Para lembrar a entrada do blog, poderedes premer nas seguintes ligazóns:



A semana pasada, retomamos as actividades sobre medicións na aula e, para iso, decidimos facer a silueta real do noso pé e da nosa man. Grazas a axuda das mestras Paula e Alba puidemos marcar a forma e silueta destas partes do corpo.
 Posteriormente, coloreamos a silueta das nosas cores preferidas.
 Unha vez coloreadas as mans e os pés, puidemos utilizar o metro e descubrir os centímetros que medían para, posteriormente, anotar os datos nunha folla de rexistro.
 Dentro de pouco, amosaremos neste blog o resultado das follas de rexistro así como o panel xeral da aula que elaboraremos entre todos e todas.
Estade atentos e atentas ao noso espacio web e poderedes ver como imos evolucionando no traballo cos números, cantidades, medicións, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario