miércoles, 22 de enero de 2014

Paseando polo Verbum e o Museo do Mar de Vigo

O alumnado de 5 anos continúa a traballar sobre os museos. Hoxe, puidemos descubrir dous museos situados moi preto da nosa escola, na Praia de Samil: o VERBUM e o MUSEO DO MAR.

O primeiro que coñecemos foi o Verbum. 

Situado xunto diante da Praia de Samil, puidemos realizar unha visita/tour virtual a través do ordenador e da pantalla da aula. Poderedes facer esta mesma visita nas vosas aulas e nas casas, premendo na seguinte ligazón:
Despois de visitar cada unha das plantas que conforman o edificio, comentamos a finalidade do museo; o Verbum é un museo interactivo relacionado con todos os ámbitos da comunicación humana (linguaxes, idiomas, palabras, letras, sons, símbolos, vista, oído, lectura, escritura, literatura,...) e onde os visitantes poden participar de modo activo cos elementos que alí se expoñen.
Por último, cada un dos nenos e nenas da aula puido anotar o nome do museo nunha folla de rexistro así coma colorear o debuxo do Verbum.

O segundo museo que coñecemos nesta xornada foi o Museo do Mar.
Este museo está ubicado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento e é un lugar para comprender a larga vinculación histórica dos galegos e galegas co mar.
Facendo o percorrido polas súas salas o visitante coñecerá a actividade pesqueira en todos os seus ámbitos, así como o seu desenvolvemento no descorrer da historia: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, dende o primitivo salgado ata o moderno conxelado, os avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña. Completarase o percorrido cunha visita ao acuario do Museo, onde se poden observar os principais ecosistemas que se atopan entre o propio peirao do Museo e a costa acantilada das Illas Cíes. 
Do mesmo xeito que na "visita" ao anterior museo, puidemos realizar unha visita virtual por cada unha das salas, a partires da súa páxina web: http://museodomar.xunta.es/gl/visita así como completar a folla de rexistro correspondente. 
A nosa compañeira Ada, aportou ao aula unha cartolina con información variada e detallada sobre este museo e as súas instalacións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario