jueves, 23 de enero de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_Degustamos diferentes pescados

Unha semana máis e co novo ano, voltamos ter a nosa sesión coa "Mariquita Juanita” na aula de catro anos. Seguimos a traballar habilidades e novas experiencias co conto "Los peces rojos del lago".

Iniciamos a sesión coa lectura do conto. Posteriormente, pedimos aos nen@s que cheirasen os distintos tipos de conservas de peixe que tiñamos na clase, intentando atopar semellanzas e diferenzas entre elas.

A continuación, coas distintas conservas de peixe fixemos unha degustación, na que todos/as debían probar as distintas variedades: mexilóns, atún, sardiñas e anchoas. Unha vez saboreadas as variedades conducimos un diálogo onde eles e elas facían comparacións entre eses sabores.
 


Unha vez rematada esta parte da sesión, cada neno/a realizou o seu propio traballo sobre papel, onde aparecían os debuxos de tres dos alimentos degustados: sardiñas, atún e anchoas; tiveron que colorear o nome de cada un destes productos e, posteriormente, colorear a cara alegre ou triste segundo si lle gustou ou non cada tipo de alimento. 
Así, rematou unha semana máis a nosa cita con Juanita. Para festexalo, ao remate da sesión tomamos un vasiño de zume e unha galleta.

2 comentarios:

  1. Deberon disfrutar moito probando os distintos sabores. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Encantáronlle!!! Pensabamos nun primeiro momento que non funcionaría moi ben e que equivocadas estabamos. Todo un éxito!!!
    Saúdos

    ResponderEliminar