jueves, 30 de enero de 2014

Xuntos pola Paz

Como xa é tradición na nosa escola, para conmemorar o Día da Paz levamos a cabo a actividade "Dúas comunidades, unha realidade: Xuntos pola Paz". 
Cada ano, realizamos unha xuntaza pola Paz cunha escola como a nosa. Así, fai tempo realizabamos a actividade co CEIP. A Paz-Tintureira e, fai dous anos, comezabamos a realizar esta xuntaza co CEIP. Castelao, de Navia. Se queredes lembrar estas xuntanzas, poderedes facer click na seguinte ligazón:

O ano pasado, o alumnado do noso cole visitou a escola de Navia e, este ano, son os nenos e nenas do CEIP. Castelao os que visitarán a nosa escola, cando o tempo acompañe (tiñamos pensado realizar a actividade mañá, pero debido ás condicións meteorolóxicas, tivémolo que modificar) 
Para que os nenos e nenas dos dous colexios se coñezan, estamos a realizar variadas actividades nas aulas de educación infantil. Xa fai tempo, as mestras das dúas escolas nos puxemos en contacto para programar as diferentes actividades de coñecemento previo que levariamos a cabo os días anteriores á celebración.
Pensamos que sería moi boa idea realizar unha conexión por Skype entre as dúas escolas e con cada unha das aulas de infantil por separado, así como intercambiar uns murais de paz coas imaxes dos nenos e nenas para que se coñeceran previamente (cando realicemos estas actividades, atoparedes toda a información neste blog)
Aquí podedes ver ao noso alumnado elaborando os murais así coma o mural que foron elaborando os nenos e nenas de Navia.

(O alumnado do noso cole traballando)

 (O alumnado de Navia tamén traballou no seu mural)

Agardamos que o tempo mellore e poidamos levar a cabo esta xuntanza que resulta tan atractiva e amena para todos e todas.

Polo de agora, FELIZ DÍA DA PAZ!!!

3 comentarios:

  1. Quedouvos un mural precioso. Bo Día da Paz!!!!

    ResponderEliminar
  2. A ver se o tempo mellora e se poden facer as actividades.
    Saúdos.
    Paula.

    ResponderEliminar
  3. Grazas por comentar!
    A verdade é que xa estamos un pouquiño fartos de tanta chuvia. Agardamos a mellora das condicións meteorolóxicas porque entre temporal e temporal van pasando os días e continuamos sen poder recibir aos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP. Castelao de Navia.
    Saúdos e agardamos que saia o sol, por fin.

    ResponderEliminar