O pasado mércores, 30 de abril, contamos cunha visita moi especial na BiblioRía da escola. O extraterrestre Pupi visitou a nosa escola para pasar con nós unha xornada de diversión e xogos.
A HISTORIA DE PUPI
Pupi é un extraterrestre que vive nun pequeno planeta chamado Azulón a milleiros de galaxias da Terra. Nunha das súas viaxes para descubrir mundo e aprender cousas novas, a súa nave se estrela no patio dun colexio. Blanca, unha das alumnas do cole, pregúntalle se tiña pupa e el tratou de repetir esa palabra que tanto lle gustara, pero lle saíu "Pupi". Os nenos e nenas pensaron que ese era o seu nome e, dende ese momento, todos e todas lle chamas así: PUPI.
A Pupi gustáronlle tanto os nenos, nenas e o colexio que deciciu quedarse na Terra unha longa temporada. Dende entonces, vive na casa de Conchi, a conserxe da escola, que é a súa mamá terrícola. Pupi é moi listo e aprende todo moi rápido, aínda que todavía se fai un pouco de lío coas palabras.
Pupi ten poderes máxicos: cando move as súas antenas, pode viaxar no tempo e no espacio. Ademais, expresa as súas amocións a través das cores que aparecen nun botón que ten na súa barriga:
-Se está ledo, o botón se pon de cor laranxa.
-Se está triste, o botón se pon de cor gris.
-Se está enfadado, o botón se pon de cor vermello.
-Se ten medo, o botón se pon morado.
Agora que xa coñecedes a historia de Pupi, aquí vos deixamos coas imaxes da visita que fixo á BiblioRía da escola o pasado mércores. Agardamos que vos gusten.
Para coñecer e xogar con máis actividades de Pupi, poderedes acceder ao seu portal web dende esta ligazón:
Doutra banda, aquí vos deixamos coa súa canción para que desfrutes nas vosas aulas ou nas vosas casas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario