A aula de 5 anos recibiu, das mans da mestra Ángeles, unha sorpresa na súa aula e forma de "pano" ou "saco de pícnic".
O primeiro que fixemos foi preguntar "Que é?" e as respostas foron ben variadas: "un trapo", "una bolsa", "un mantel", "una alfombra", "un trozo de tela", "una manta", "un saco",...
Tamén nos preguntamos "Que tendrá no seu interior?" e os nenos e nenas deron respostas como: "una caja de roscón", "una tortilla", "empanada", "bizcocho", "una tarta de queso", "pizza", "una cesta de pícnic", "bocadillos", "fruta", "hamburguesas", "madalenas", "galletas", "pasteles", "lechuga", "chocolate", "manzanas",... a verdade, todo moi saboroso.
Decidimos, pois, tocar un pouco o seu contido para ver a súa dureza, forma, tamaño,... Puidemos descubrir que era algo duro, de forma cadrada, e comezaron a dar posibles solucións: "un libro", "una figura", "puzles", "una bandeja", "un cuadro",...
Despois de moitas hipóteses, descubrimos que as máis maioritarias eran "cadro" e "libro", polo que decidimos facer unha gráfica na que recollimos o que pensabamos.
A maioría, pensaba que no seu interior atopariamos un libro; decidimos abrir o saco e... atopamos libros!!!... pero non soamente un, senon tres libros con títulos moi apetecibles: "Sopa verde", "Sopa de nada", e "A sopa queima".
Coma tiñamos tres libros para ler, decidimos facer outra gráfica cos resultados do conto que cada un da aula prefería ler de primeiro e así resultou:
1º conto : SOPA VERDE
2º conto: SOPA DE NADA
3º conto: A SOPA QUEIMA
Doutra banda, a mestra tiña preparada unha sorpresa. Este luns, 19 de maio, realizaremos unha actividade de animación á lectura e contacontos na escola, na que traballaremos arredor destes contos e, pode ser, tamén realizaremos actividades saborosas, coma os títulos dos tres contos.
Neste blog vos contaremos todas as novas, así que estade atentos e atentas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario