Como cada ano, o 17 de Maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e, este curso escolar, o homenaxeado é Xosé María Díaz Castro.
Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
“Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño,
lugar de San Vicente d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus
pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos:
Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia
aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en
castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que
seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario
de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres
de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de
escritor, segundo el mesmo manifestou... Para saber máis, preme aquí.
A Secretaría Xeral
de Política Lingüística vén de publicar no seu web as guías e os
carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014; podedes consultalos xa na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
Neste espazo tamén atoparedes novos recursos e actividades sobre Xosé María Díaz Castro que foron elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega de varios colexios e institutos.
Neste espazo tamén atoparedes novos recursos e actividades sobre Xosé María Díaz Castro que foron elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega de varios colexios e institutos.
Tamén poderedes acceder a máis información na seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario