martes, 27 de mayo de 2014

Sesión de contacontos con Nati, do grupo de teatro Sarabela

O pasado mércores, 21 de maio, grazas á Editorial Everest, tivemos a grata sorpresa de contar na BiblioRía cunha contacontos chamada Nati (Nati Natillas), integrante do grupo de teatro “Sarabela”, que nos deleitou cunha sesión de historias moi entretida.
Nati contounos que tiña un amigo que se chamaba Emilio e que era cociñeiro; mentres fai as comidas, a xente pasa pola cociña e lle conta historias a Emilio. Este aproveita para lle transmitir a Nati as historias da xente e ela aproveita para nolas transmitir a todos os nenos e nenas.
A primeira historia que nos contou era a dun can chamado Nico, que vivía nunha granxa de ovellas. Pola noite non podía durmir, ata que a súa irmá Nica lle propuxo que contase ovellas, como fan os humanos... e nós nos convertimos nesas ovellas!!! Pasámolo pipa!!!
A continuación, nos contou a historia dunha viaxe de Emilio a África, onde coñeceu a tribu dos “Mangala”. Grazas a Nati, aprendimos unha canción africana e descubrimos como apareceron os animais da selva.
E, coma os nenos e nenas queriamos máis e máis historias, Nati compraceunos contándonos outro conto africano titulado “Os tres moniños”, que se asemellaba moito a "Os tres porquiños".
Foi unha sesión estupenda onde os pequenos/as do cole participamos interactuando e colaborando en todo aquilo que a contacontos nos pediu.
        Estivemos moi atentos/as, non so na narración, senón na magnífica expresión corporal coa que Nati acompañaba cada historia. 
 



Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

No hay comentarios:

Publicar un comentario