Onte, 15 de maio de 2014, tivo lugar a I Quedada literaria 2014 de Vigo e bisbarra, no Parque de Castrelos.
O alumnado de 4 e 5 anos participou nesta xornada, xunto cos nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria. O tempo soleado, a lectura, o amor polos libros e o compañerismo foron as liñas xerais da actividade, que agardamos repetir noutras ocasións.
Sobre as 09:45 da mañá, o alumnado e profesorado saimos do cole para montar no bus que nos deixaría no Parque de Castrelos; unha vez alí, nos diriximos á zona destinada ao encontro co resto de nenas e nenos dos outros centros.
Alí, xuntámonos co alumnado e profesorado doutros centros: CEIP. O Pombal, CEIP. Carrasqueira, CEIP. Emilia Pardo Bazán, IES O Castro, CEIP. Frián Teis, CEP. Santa Mariña, de Redondela e IES Pino Manso do Porriño.
Cando estivemos todos e todas, comezamos a distribución do alumnado por zonas; cada curso, tiña un área do Parque de Castrelos destinada tanto á lectura individual coma compartida. Os nenos e nenas de educación infantil estivemos situados na zona do parque de xogos e, alí agaradamos a chegada dos nenos e nenas do IES O Castro que nos contaron dous contos moi chulos e entretidos: "A galiña roxa", e "A que sabe a lúa".
Encantáronnos as dúas representacións e, para agradecerlles o seu traballo e adicación, os agasallamos cuns marcapáxinas da nosa mascota Gaspar. Explicámoslles quen era Gaspar, que proxecto estabamos a realizar este ano na escola,... e eles/elas amosáronse moi agarimosos e atentos/as con todos e todas.
Os nenos e nenas do instituto tamén quixeron ter un detalle con nós e nos agasallaron cos contos que nos leron, asinados por todos e todas, así como coas máscaras que utilizaron nas representacións, a lúa do conto,... Moitas grazas!!!
Tamén tivemos tempo para que as mestras nos leran contos ao alumnado, así coma para formar grupos de cinco alumnos e que, os maiores do instituto, nos contaran historias variadas.
Cando rematou esta parte da xornada, os nenos e nenas da escola comezamos a hora da merenda; buscamos unha sombriña no parque e alí fixemos un alto no camiño para repoñer forzas.
Cando rematou a hora de merendar, nos diriximos ázona do Museo Quiñones de León, onde dispuxemos dunha zona organizada para que cada centro puidera realizar unha pequena actuación.
Antes de comezar, o alcalde de Vigo fixo un pequeno discurso e, a continuación, comezaron as actuacións:
- CEIP. O Pombal: recitado de poesías sobre emocións e amizade.
- CEIP. Carrasqueira: representación dun conto do libro de Xabier Docampo "A nena de auga e o príncipe de lume".
- CEIP. Emilia Pardo Bazán: Cantaron a canción "Catro vellos mariñeiros".
IES O Castro: Cantaron a canción "Somos o Castro".
- CEIP. Frián Teis: recitaron dous poemas de Antón García Teijeiro: "O mar" e "Polas ondas un navío" (terceiro ciclo), e "Cormarín" (segundo curso de primaria).
- CEIP. Santa Mariña de Redondela: Cantaron o rap, de Migallas.
- IES Pino Manso do Porriño: Leron "Na oficina de obxectos perdidos", un diálogo que se atopa no libro "Made in Galiza", de Séchu Sende.
- CEIP. Ría de Vigo: recitamos poemas de arte coma "A habitación de Arlès" (4 anos), "Os xirasoles" (5 anos), poemas sobre "As Meninas" (1º e 2º curso de primaria).
Unha vez rematadas as actuación, tivo lugar a clausura do acto, convidando a todos os centros a voltar a facer esta xuntaza para o curso que ven.
O alumnado de educación infantil, antes de marchar ao colexio, nos deixou escapar a oportunidade de facerse unha foto co gran museo Quiñones de León que tiñamos tan preto.
agardamos repetir esta experiencia, xa que nos gustou moito, así que... a ta o curso que ven!!!
Se queredes estar maís informados sobre este acto, poderedes visitar o blog da BiblioRía da escola:
www.biblioria.blogspot.com
Doutra banda, queremos lembrar ás familias que o vindeiro domingo, 25 de maio, sairá unha reportaxe no suplemento do xornal Atlántico.
Doutra banda, queremos lembrar ás familias que o vindeiro domingo, 25 de maio, sairá unha reportaxe no suplemento do xornal Atlántico.
Aquí vos deixamos tamén coa noticia do acto que se puido ver onte, no telexornal de tve ás 14:00 horas da tarde. A noticia aparece no minuto 11.
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-15-05-14/2565635/
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-15-05-14/2565635/
No hay comentarios:
Publicar un comentario