O xoves 11 de setembro, tivo lugar a segunda visita dos grupos de alumnado de 3 anos que conforman o Período de Adaptación para este curso 2014/15.
Cando chegaron á aula, xa puideron ver as súas pequenas fotos colgadas sobre as perchas e, así, localizar onde tiñan que colocar as súas cousas. A continuación, colleron os mandilóns das perchas e a mestra lles ensinou como tiñan que facer para o poñer.
A xornada contou cunha actividade moi especial e que favoreceu o vínculo entre a familia e a escola. Os nenos e nenas da aula fixeron o seu primeiro debuxo no colexio e, acompañado dunha nota explicativa sobre a súa importancia para as familias, levárono para os seus fogares e o colgaron onde máis lles gustou.
Ao día seguinte, eles e elas contaban á mestra onde colocaran o seu debuxo, o que fixeran con el, se á súa familia lle gustou, etc.
Aquí vos deixamos cunhas imaxes.
Ao día seguinte, eles e elas contaban á mestra onde colocaran o seu debuxo, o que fixeran con el, se á súa familia lle gustou, etc.
Aquí vos deixamos cunhas imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario