Hoxe, comezamos a segunda semana do Período de Adaptación. Nesta ocasión, xa recibimos a grupos máis grandes durante unha maior cantidade de tempo, polo que foi importante realizar diferentes xogos de interación entre todos/as.
Unha vez chegamos á aula, o primeiro que fixemos foi colgar a mochila na percha e coller o noso mandilón; a continuación, escollimos un sitio nunha das mesas e a mestra nos axudou a poñelo.
Unha vez estivemos todos e todas listos/as, puidemos comezar coas actividades.
A primeira actividade desta xornada consistiu en coñecernos un pouquiño mellor; para iso, sentamos na asemblea da clase e fixemos un círculo para que nos puidésemos ver ben. Posteriormente, cada un dos nenos e nenas dixo o seu nome e todos o repetimos para nos lembrar posteriormente. Repetimos a actividade varias veces, a mestra preguntaba a uns e outros,... así, ata que xa estabamos case todos e todas ben presentados/as.

Posteriormente, visionamos un conto de Caillou sobre os primeiros días de escola, que podedes ver a continuación.
Tamén tivemos tempo de realizar unha actividade que levabamos días agardando: baixar ao patio e poder xogar un poquiño no areeiro, cos cubos, as palas, cos tobogáns, as casiñas,...
Encántame como vos quedaron os percheiros. Unha aperta.
ResponderEliminarMoitas grazas, Ana!!!
ResponderEliminar