jueves, 18 de septiembre de 2014

Período de adaptación 3 anos-7º día

Como cada día, aquí vai o resumo da xornada de hoxe deste Período de Adaptación do alumnado de 3 anos.
Como cada día, o primeiro que fixemos ao chegar á aula foi colgar as nosas cousas e coller mandilón e libreta, para que a mestra nos axude a colocalo, así como lea as libretas por se ten que escribir ou ler algunha nota das casas.
Posteriormente, xa na asemblea da aula, cantamos os Bos Días, escollimos encargado/a, pasamos lista...
Despois de realizar as rutinas, recibimos na clase á mestra Ángeles que, durante este curso, virá de mestra de apoio á aula e realizará con nós actividades variadas. Coa mestra e máis con Ángeles realizamos un xogo moi divertido: "O Xogo das Estatuas"; consistiu en que cando a música estaba a soar, tiñamos que bailar pola asemblea e, cando paraba, nos tiñamos que convertier en estatuas e estar ben quietiños e quietiñas, sen nos mover nada de nada. Fixemos diferentes variacións cando non había música: converternos en estatuas, sentarnos no chan coma índios, tumbarnos no chan coma tomando o sol,...
Aproveitando que hoxe estaba o día de choiva, a mestra nos ensinou o seu paraugas e fixemos o mesmo xogo coa música; cando soaba, tiñamos que bailar e, cando non soaba, nos tiñamos que colocar todos xuntiños/as debaixo do paraugas da mestra para non nos mollar... Foi moi, moi divertido!!! Pasámolo moi ben!!!
Ao rematar o xogo, a mestra Paula tiña unha sorpresa para cada un: un debuxo moi chulo dun paraugas, que poderiamos decorar como máis nos gustará. Unha vez pintado, puidemos poñer diferentes pegatina na imaxe.
 
Quedaron chulísimos!!!
Despois de tanto traballar, tamén houbo tempo para xogar, tanto á plastilina, coma a cociña, que tanto nos gusta. 

2 comentarios:

  1. Vese que disfrutan un montón. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por comentar, Ana!
    A verdade é que está a ser unha adaptación moi divertida e sen problemas. Agradamos que vaia todo ben durante todo o curso.
    Unha aperta

    ResponderEliminar