lunes, 22 de septiembre de 2014

Período de adaptación 3 anos-8º día

O pasado venres, 19 de setembro, rematou a segunda semana do noso Período de Adaptación na aula de tres anos.
Coma o resto destes días, estivemos na escola durante un período de hora e media, no que realizamos as nosas tradicionais rutinas, xogamos e nos divertimos.
Coma os venres son os días que nos toca educación física, o primeiro dos grupos tivo a sorte de coñecer ao mestre Daniel e baixar ao ximnasio para ver como era o espazo e realizar actividades de recoñecemento (o vindeiro venres serán os outros nenos/as os que baixarán e realizán estas mesmas actividades)

Ás 12:30 horas, chegaron os nenos/as doutro grupo e realizaron unha divertida actividade. Coma o día estaba de chuvia forte, aproveitamos para debuxar unha enorme nube no encerado da aula e, cada un dos alumnos e alumnas, puido debuxar a caida das gotas de chuvia dende a nube ata o chan. Representámolo de diferentes maneiras e, unha vez rematado o xogo, puidemos decorar unha nube moi grande con témpera de cor azul utilizando o noso dedo índice (o dedo de pintar). Aquí podedes ver o resultado.


Esta semana, xa comezamos a vir á escola o grupo enteiro. Hoxe, estaremos na escola dende as 10:00 ata as 13:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario