martes, 16 de septiembre de 2014

Período de adaptación 3 anos-5º día

Hoxe, continuamos co Período de Adaptación do alumnado de tres anos da escola. Nesta ocasión, adquirindo progresivamente as pequenas rutinas da aula; así, unha vez que subimos e entramos ao aula, o primeiro que fixemos foi colgar a nosa mochila, coller a libreta viaxeira, coller o mandilón e nos sentar na nosa cadeira. Unha vez sentados todos e todas, a mestra nos axudou a nos poñer o mandilón e, pouco a pouco, puidemos ir abotoando con moita paciencia.
Unha vez que todos e todas estivemos preparados/as realizamos unha actividade moi chula; cambiamos as fotos das perchas que tiñamos en branco e negro, por unhas máis chulas con animais (que previamente escollimos na aula) e coa nosa foto.
Quedaron chulos, verdade!!!
 
 
 As nosas fotos antigas do percheiro, usámolas para colocar nas nosas mesas e, así, saber en que cadeira estamos sentados/as.
 Tamén tivemos tempo para xogar un pouco, pintar e nos divertir mentres coñcemos un poquiño máis a nosa mestra e aos nosos compañeiros/as.
Mañá, máis novas. De momento, aquí vos deixamos cunha imaxe do material que utilizaremos mañá na aula. Xa podedes pensar para que nos servirá...

2 comentarios:

  1. Me encantan las ilustraciones de los percheros. Sería mucho preguntar dónde lo conseguisteis? Muchas gracias. Me encanta el blog y lo sigo desde hace muuucho tiempo.

    ResponderEliminar
  2. ¡Muchas gracias por comentar!
    Las ilustraciones de los percheros las conseguí en la revista Maestra Infantil de este mes, en donde podrás encontrar bastantes recursos para los primeros días de colegio. Creo que todavía sigue a la venta el número donde yo los vi, así que aprovecha.
    Saludos

    ResponderEliminar