Hoxe, se desenvolveu o penúltimo día deste Período de Adaptación e recibimos na aula á totalidade dos nosos compañeiros/as. Había moitos nenos e nenas... maís dos que habitualmente estamos na clase!!!
Coma sempre, realizamos as nosas rutinas: cantamos a canción dos Bos Días, pasamos lista e escollimos encargada; hoxe lle tocou a Sara. Escribimos o seu nome no encerado da aula e, entre todos/as fomos descubrindo as partes da súa cara, mentres a mestra facía o seu debuxo.
Tamén, estivemos a xogar entre todos/as e a realizar as correspondentes presentacións. Na aula, contamos co noso mono Paco e, cada un de nós, se foi presentando a Paco para que, o resto de nenos e nenas, dixera o seu nome en alto e todos/as nos lembráramos de como se chamaba o noso amigo/a.
Despois de realizar estes xogos, chegou a hora da merenda. Pouco a pouco, tivemos que ir ao baño a facer pis e lavar as mans para, posteriormente, merendar e baixar a xogar ao patio da escola.
Antes de marchar para as casas, a mestra lles colocou a cada neno/a unha medalla de ouro de campeóns, cun "excelente" escrito, xa que realizaron un moi bo período de adaptación.
Son uns campións. Un saúdo.
ResponderEliminarMoitas grazas, Ana!
ResponderEliminarAgora empeza a rutina, a ver como vai o horario completo.
Saúdos