Onte, o alumnado de 3 anos da escola recibiu na súa aula a maleta de Gaspar, a mascota da BiblioRía.
No seu interior, ademais de nos atopar co propio Gaspar e un caderno de actividades, puidemos ler un conto titulado "El canto del viento" co que nos introducimos no proxecto deste ano: "Lendo coa arte que nos rodea"
e co que nos centraremos, en educación infantil, no periodo da
PREHISTORIA
O primeiro que fixemos foi ler o conto e coñecer aos protagonistas do mesmo: Luz, Luna e Sol. Posteriormente, falamos un pouquiño sobre esta época da historia e fixemos as nosas tradicionais preguntas: Que sabemos sobre a Prehistoria?, Que queremos saber sobre a Prehistoria? e Onde atopamos a información?
As respostas foron moi variadas:
QUE SABEMOS SOBRE A PREHISTORIA?
- Pasou fai moito tempo.
- Había animais como osos, gorilas, leóns,... e tamén uns que se chamaban mamuts e que parecían elefantes cuns cornos moi grandes.
- Vivían en covas onde tiñan osos, paos, debuxos,... e os que alí vivían xa morreron.
- Vestían coa pel dos animais.
- Para comer, tiñan que cazar e o facían con paos.
QUE QUEREMOS SABER SOBRE A PREHISTORIA?
- Que comían?
- Como cazaban?
- Como cociñaban?
- Onde vivían?
- Fixeron edificios?
- Como se vestían?
- Como eran os mamuts?
- Como eran as covas?
- E os debuxos do seu interior?
ONDE ATOPAMOS A INFORMACIÓN?
- Contos
- Familia
- Ordenador
- Pola rúa
Pouco a pouco, daremos resposta a todas estas preguntas e coñeceremos as distintas etapas da Prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. Estade moi atentos/as porque neste blog subiremos toda a información.

No hay comentarios:
Publicar un comentario