jueves, 22 de enero de 2015

Canto durou a Prehistoria?

Canto durou a Prehistoria? Esta foi unha das preguntas que respondimos na aula de 5 anos.
O primeiro que aprendimos foi que esta etapa comezou coa aparición do home e durou ata a chegada da escritura. Cando comezou este período da historia, non había homes coa "forma" que temos agora; estes eran máis similiares aos monos, e puidemos ver un debuxo do aspecto que tiñamos fai moitos, moitos anos.
 O segundo aspecto que traballamos foi a forma de organizarse que tiñan. Durante a Prehistoria, os homes e mulleres se organizaban en grupo de 20-50 persoas; estes grupos recibían o nome de CLANES.
En moitas ocasións, moitos destos clanes se xuntaban e formaban as denominadas TRIBUS, que tiñan como característica xeral que falaban o mesmo idioma.

2 comentarios:

  1. Gústame como estades a traballar o proxecto. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Ana!
    Está a resultar moi interesante e divertido para todos: nenos, mestres,... e, coma sempre, as familias colaboran un montón.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar