Coa volta das
vacacións de Nadal, voltamos ao traballo cos contos de "La mariquita Juanita", coñecendo novas personaxes; nesta ocasión, o conto que traballamos foi "Leticia, la cigarra".
Unha vez narrada a historia, tivemos un
diálogo no que falamos da actitude de Juanita ao aceptar o canto da cigarra sen enfadarse con ela.
A continuación, amosamos unhas pinturas do artista Edgar Degas:
-"Ensayo de canto"
1872-1873
"Cantante de
café-concierto con guante" 1878
"La canción del perro"
1876-1877
Os nenos e nenas observaron a través dos cadros as distintas formas de cantar e falamos sobre se esas formas poden ser aceptadas
ou non; posteriormente, cada un no seu sitio fixo o crebacabezas da
pintura de Degas "Cantante de café-concierto con guante".
Agardamos que vos guste
esta pequena mostra do noso traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario