Como ben comentabamos nunha das entradas deste blog, esta pasada fin de semana o alumnado levou para casa o conto "El canto del viento", acompañado dunha serie de recomendacións de traballo na casa. Así, coma sempre, recibidos multitude de ideas e, hoxe, compartimos con vós unha parte delas.
Rita compartiu con nós un "reclamo para golondrinas" feito a man, no que podemos gardar todos os sons destes paxaros.
Brezo fixo cos seus pais uns paxaros, imitando a técnica das personaxes do conto e aproveitando obxectos da natureza coma landras e follas. Estos paxaros están unidos por un extremo a un fío, facendo así unha especia de "bramadera" (instrumento típico da Prehistoria).
Brezo fixo cos seus pais uns paxaros, imitando a técnica das personaxes do conto e aproveitando obxectos da natureza coma landras e follas. Estos paxaros están unidos por un extremo a un fío, facendo así unha especia de "bramadera" (instrumento típico da Prehistoria).
Ruth e a súa familia fixeron collares variados: un con bolas de papel de aluminio e outro con pasta comestible.
Aldara fixo unhas maracas, aproveitando un bote de bebible e arroz. Tamén nos trouxo outro instrumento musical:
un tubo de plástico que, cando ao movelo, obtense un son moi especial.
Xiana nos trouxo un collar feito a man, con bolitas de arcilla coloreadas e montadas sobre unha goma.
Abrham aportou moitas cousas como, por exemplo: unha caracola de
mar para escoitar o canto do mar; tamén nos trouxo unhas cunchas, para facer
música como Luna, unha pulseira feita con caracolas de mar e un collar feito con cocas de eucalipto.
Coma sempre, MOITAS GRAZAS A TODOS por colaborar cos nosos proxectos.
Hola. unas ideas muy creativas... se nota que disfrutan con este tipo de actividades.
ResponderEliminar¡Muchas gracias por tu comentario!
ResponderEliminarEstamos disfrutando un montón con el proyecto.
Saludos