lunes, 19 de enero de 2015

As covas prehistóricas

A semana pasada, estivemos elaborando no corredor da escola unha cova prehistórica, onde antigamente vivían os homes e as mulleres.
Chamounos moito a atención que viviran desta maneira e, durante esta semana, afondaremos un pouco máis sobre elas. Para poder coñecer e obter un pouco de información, contamos coas seguintes ligazóns sobre as covas máis coñecidas e, doutra banda, con infinidade de recursos na rede adaptados aos máis pequenos.

En España contamos coas famosas "Covas de Altamira
e, en Fracia, coas "Covas de Lascaux".
 Aproveitando a fermosa ferramenta de Internet, podemos adentrarnos no seu interior, descubrir curiosidades varias e continuar aprendendo sobre a Historia.
Aquí vos deixamos con diversos recursos cos que traballamos na aula e que poderedes ver dende a casa, para continuar o traballo familia-escola.

ATAPUERCA_DESCUBRE CON TADEO
 
Pouco a pouco, subiremos máis información a este blog con ideas e recursos variados que poderedes aproveitar para continuar motivando ao alumnado e aprendendo xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario