Nun dos corredores da zona de educación infantil da escola, o alumnado e as mestras desta etapa estamos a facer un mural coas características máis importantes do Paleolítico, a primeira etapa da Prehistoria que estamos traballando.
Como xa comentabamos o pasado luns na entrada deste blog, estamos a coñecer a forma de vida que levaban nesta época e, sobre todo, nos centramos no aspecto que vivían en covas.
Descubrimos as covas de Altamira, as máis importantes do noso país, e puidemos observar os debuxos que realizaban no seu interior.
Aquí vos deixamos cunha mostra do mural que, pouco a pouco, vai tomando forma. Estade atentos e atentas ao blog porque, cando o teñamos rematado, subiremos as imaxes do mesmo e as compartiremos con todos e todas.
Mentres tanto, aquí vai unha mostra do noso traballo. En breves, publicaremos máis imaxes.
Ten unha pinta fantástica. Estou desexando velo rematado. Bo domingo!
ResponderEliminarMoitas grazas!!!
ResponderEliminar