As nosas familias continúan aportando obxectos similares aos da Prehistoria, elaborados por eles mesmos. hoxe, aquí vos deixamos unha mostra das aportacións que chegan ás aulas.
Martín, tróuxonos un collar de corda no que estaban insertados unha pedra e algunhas conchas mariñas.
Héctor aportou un collar feito con conchas de mar e un instrumentos musical, tamén feito con conchas; sobre a base dun pao engancharon uns anacos de corda con conchas ao seu arredor, de tal xeito que cando movemos o pao, escoitamos música.
Leire, Antón e Iago aportaron debuxos variados, relacionados co modo de vida dos homes e mulleres da Prehistoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario