Na escola, os nenos e nenas de educación infantil, puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos con Raqueñ Queizás. O título de conto foi
"SON SAN"
e grazas á súa ambientación (elaborada con materiais de refugallo) e á marabillosa posta en escena, e interpretación de Raqueñ, pasamos unha sesión super divertida e moi saborosa, xa que a través da historia, o alumnado puido coñecer a importancia dos hábitos saudables, así como de comer froita de forma rutinaria.
Aquí vos deixamos coas imaxes da sesión que agardamos vos gusten.
Grazas Raquel!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario