lunes, 9 de febrero de 2015

Ensartando bolas... traballando a motricidade fina

Na aula de tres anos, nos estamos a preparar para facer os nosos propios collares prehistóricos. Para iso, é convinte ensaiar nas aulas para que, chegado o momento, queden os máis bonitos posibles. Así, estes días estamos a traballar con cordas e bolas, practicando o ensartados das boliñas para facer os nosos collares, seguindo un código marcado de cores.
Mirade que ben nos está a saír a actividade:
 Realizar actividades de ensartado favorece moito o desenvolvemento da motricidade fina nos nenos e nenas. No mercado, podemos atopar milleiros de xogos deste tipo cos que facilitaremos o desenvolvemento desta capacidade.
Por outra banda, tamén podemos realizar nas casas actividades variadas como as seguintes:

- Actividades variadas con plastilina: facer anacos grandes e pequenos, facer bolas, churros, letras, xogo libre,...
- Facer debuxos, utilizando diferentes materiais: ceras gordas, finas, rotuladores,...
- Actividades con papel: rasgar anacos de papel (utilizando os dedos pulgar e índice), dobrar papel, facer churros, enrugar papel,...
- Abotoar e desabotoar botóns de diferentes tamaños.
- Xogar con títeres de mans e dedos.
- ...
Se queredes máis información sobre este tema, podedes premer nas seguintes ligazóns:



Se queredes traballar nas vosas aulas o casas actividades de motricidade fina, aquí poderedes descargar fichas variadas:

No hay comentarios:

Publicar un comentario