Nas aulas de educación infantil, estivemos a imaxinar e pensar como serían os instrumentos que fixeron os primeiros homes e mulleres que poboaron a Terra. Así, eles se servían de elementos naturais cos que facer sons e músicas diferentes e nós, quixemos utilizar materiais do noso arredor para facer o mesmo.
En primeiro lugar, aproveitamos a hora da merenda para degustar un batido de amorodo boísimo; lavamos o bote, quitámoslle o papel que o estaba a envolver e lle pegamos gomets de diferentes cores e formas para que estivera máis chulo.
Posteriormente, utilizamos pedras pequenas do patio e pasta de cores (que nos sobrou cando fixemos os collares prehistóricos) e a puxemos no interior do bote; pechamos coa rosca e xa tivemos a nosa propia maraca prehistórica.
Na aula de tres anos, o día da Festa de Entroido aproveitamos os nosos traxes de prehistóricos para nos facer unha foto recién chegados á aula. Aproveitamos posteriormente a imaxe para completar unha ficha onde detallabamos os elementos necesarios para elaborar este instrumento musical prehistórico. Aquí vos deixamos coa presentación de imaxes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario