Na aula de tres anos, estivemos a traballar coas covas prehistóricas e, como non podía faltar, coas pinturas rupestres. A pintura rupestre é aquela forma de expresión artística pictórica que se plasma sobre as rochas, xeralmente no interior de covas, grutas ou cavernas empregadas como abrigo polos homes, pero tamén a ceo aberto e sobre diferentes obxectos.
As pinturas rupestres nas paredes das cavernas, nas cales se representan seres humanos e animais, poden ser encontradas en todos os continentes da Terra.
Parece que todos os grupos humanos, ao pasaren pola fase de cazadores e
recolectores, iniciaron este tipo de traballo plástico duradeiro no cal
expresan a especial relación que tiñan coas criaturas do seu contorno e
coas súas deidades.
Unha das covas máis importantes no noso país é a cova de Altamira, que podedes visualizar no seguinte vídeo que atopamos na rede:
Na seguinte ligazón, poderedes atopar unha morea de imaxes relacionadas co período do Paleolítico, o que estamos a traballar agora: https://www.google.es/search?q=pintura+rupestre&client=firefox-a&hs=7u4&rls=org.mozilla:es-ES:official&channel=sb&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ei=TCzGVIS0J4X4UPyFgsgD&ved=0CAgQ_AUoAQ&biw=1280&bih=652#rls=org.mozilla:es-ES:official&channel=sb&tbm=isch&q=pintura+rupestre+paleolitico&revid=1561126289
Por outro lado, podedes descargar diferentes imaxes para colorear na seguinte ligazón: https://www.google.es/search?client=firefox-a&hs=YaP&rls=org.mozilla:es-ES:official&channel=sb&biw=1280&bih=652&tbm=isch&q=pintura+rupestre+para+colorear&revid=1561126289&sa=X&ei=TyzGVM7ADcarUfyPgNAF&ved=0CC8Q1QIoBA&dpr=1
Os nenos e nenas de tres anos tamén quixeron deixar as súas pinturas rupestres na cova que realizaron no corredor. Para iso, estamparon as súas mans sobre as paredes do interior da cova e este foi o resultado, que agaradamos vos guste.
Quedouvos un mural precioso. Unha aperta.
ResponderEliminarMoitas grazas, Ana!
EliminarAgora nos toca o do Neolítico!!!
Apertas