Esta semana, na aula de 3 anos, estivemos a pintar como o facían os homes e mulleres da Prehistoria.
Así, precisamos de tres elementos para facer a mezcla: auga, aceite e pigmento (neste caso, utilizamos o pimentón de cor vermella). As cantidades necesarias son as seguintes: 1 cullerada de pigmento, 1 cullerada de aceite e dous culleradas de auga.
Todos os nenos e nenas da aula fixeron a súa propia mezcla nun recipiente; a continuación, pintaron unha das súas mans coa axuda dun pincel e, por último, estamparon a mesma na folla do libro da Prehistoria, do mesmo xeito que o facían os homes e mulleres de Cromañón.
Que ben o fixeron! Bo xoves!
ResponderEliminarMoitas grazas, Ana!
ResponderEliminarDisfruta deste venres e da fin de semana!
Saúdos