miércoles, 16 de noviembre de 2011

Actividade para o EDI: "Pensa que ves" (Xogando con ARCIMBOLDO)

Xa podedes acceder a unha nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo (EDI) ou "pizarra máxica".
Esta vez, vos presentamos unha actividade dirixida ao alumnado de educación infantil (tamén ao de primaria) onde traballamos cun cadro do artista Arcimboldo, concretamente con este:

"O outono"_1573_Museo do Louvre (París)
A actividade está dirixida a traballar APRENDENDO A PENSAR polo que a imaxe do cadro non se amosa na súa totalidade senón que, pouco a pouco, o alumnado vai mirando un anaquiño da imaxe e teñen que pensar que podería ser iso que se amosa.
Ao prensentar o cadro deste xeito, creamos un momento de intriga e despertamos a curiosidade. Formulamos diferentes preguntas: que ves?, que cores ves?, onde podería estar iso que miras?,...
Aquí vos deixamos unha mostra do que eles ven e que poderedes atopar ao descargar a actividade.
Para acceder á actividade e poder xogar con ela, podes dirixirte á Wiki do noso cole onde as temos almacenadas (preme no enderezo web ou na imaxe da portada da actividade e accederás á páxina onde está aloxada)

http://edi-riadevigo.wikispaces.com/Estaci%C3%B3ns+do+ano


1 comentario:

  1. Moi interesante, vou botarlle unha ollada.
    Parabéns e graciñas por compartires
    bicos

    ResponderEliminar