miércoles, 2 de noviembre de 2011

Día das Bibliotecas Escolares

O venres, 28 de outubro, celebramos na BiblioRía o Día das Biblioteca Escolares.
Aquí vos amosamos o programa deste día; como vedes, os nenos e nenas de infantil fomos os primeiros en disfrutar das novas deste espazo escolar que tanto nos gusta.
Este ano, a BiblioRía quere celebrar o 100 aniversario do afundimento do Titanic e, por iso, plantexa este proxecto titulado:

"SUBAN A BORDO, LEAN E NAVEGUEN"
Nos exteriores da BiblioRía, nos atopamos cuns enormes barcos que decoran as dúas entradas á mesma, así como coas cintas-cortinas alusivas ao tema central, elaboradas polos nenos e nenas do colexio.
Nada máis chegar á escola, o alumnado puxo o mandilón e se colocou nas correspondentes filas para entrar de forma ordenada á BiblioRía... fomos os primeiros en descubrir a cantidade de novas que Gaspar nos tiña preparadas!!!
O primeiro co que nos atopamos foi cunha mostra de libros variados e relacionados co tema a conmemorar. Alí estaba Gaspar, vestido co seu gorro de capitán de barco e agardando por nós.
Todos estivemos moi pendentes das explicacións de Gaspar e da nosa coordinadora da BiblioRía, a mestra Ángeles.
Así, nos lembraron as normas, os espazos destinados á literatura dirixida á nosa idade, os días do préstamo, o funcionamento das mochilas viaxeiras, etc.
Contemplamos a exposición, os diferentes libros, miramos as súas cubertas, ...
Unha vez rematada esta parte da visita, comezamos coa outra: a presentación da Formación de Usuarios da BiblioRía.
Este ano, contamos cunhas actividades nas que se traballan diferentes aspectos do funcionamento da biblioteca escolar de forma dixital e interactiva.
(para as poder descargar, preme na seguinte ligazón e accede á Wiki do colexio onde están aloxadas:

Da man da nosa mestra Paula, puidemos coñecer un pouquiño o contido das mesmas e disfrutar da pizarra dixital coa que contamos na BiblioRía.
Agora, cando baixemos á biblioteca coa nosa mestra, poderemos traballar con elas e seguir aprendendo.
Xa para rematar, se lles entregou ás mestras uns preciosos marcapáxinas, elaborados por Ángeles, Geli e Begoña, e ao alumnado unhas saborosas gominolas coa forma do golfiño Gaspar.
Agora, soamente temos ganas de voltar á BiblioRía, comezar os préstamos, a peregrinaxe das mochilas viaxeiras e as variadas actividades e sorpresas que este espazo nos ten preparadas.

Todas estas actividades as levamos a cabo entre as 09:30 e as 10:20.

Cando tocaron as 12:30 horas da mañá, se procedeu á entrega e saída das mochilas viaxeiras.
Un representante de cada aula do colexio foi o encargado de recibir a mochila correspondente e iniciar, esa mesma mañá, a peregrinaxe da mesma.
Dende infantil, tiñamos aos tres representantes elixidos: Hugo, da aula de 3 anos, Alan, da aula de 4 anos e Carla, da aula de 5 anos.
Unha xornada moi divertida e chea de novas.
Estade moi pendentes ao blogue xa que, dende aquí, vos iremos contando as diferentes novas e actividades realizadas.
Por outro lado, podes visitar o blogue da BiblioRía  (preme na ligazón que aparece debaixo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario