jueves, 3 de noviembre de 2011

Celebramos o SAMAÍN

TEMPO DE SAMAÍN NAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Como todos os anos por estas datas, a celebración do Samaín é unha actividade que lles gusta moito a grandes e pequenos (bueno, a algúns non tanto... pero logran vencer os seus medos)
Dende as aulas de educación infantil do cole, decidimos traballar esta emoción dunha maneira lúdica e divertida.
Así, durante todos estes días de outubro-novembro, estivemos a ler e traballar nas aulas diferentes contos relacionados co sentimento de medo.
Algunhas lecturas recomendadas son as seguintes:

A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE. Ella Burfoot. Baía Edicions.
(Mentres María xoga, a escuridade entra a través da ventá do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta a escuridade como amiga das nenas e os nenos)

MONSTRUOS DIVERTIDOS. VV.AA., EDICIONES SM, 2000
(Con este libro de rimas, o neno aprenderá que non hai que ter medo aos monstruos. En cada páxina se inclúen ilustracións sorpresa coas que o neno se divertirá)
GATO GUILLE E OS MONSTRUOS. Rocío Martínez. Kalandraka. 2000
(Na casa de Guille escóitanse uns sons un tanto raros e ata a súa propia nai está asustada. Pero Guille atopa a fórmula para desenmascarar os medos)

Outra das actividades que levamos a cabo foi a seguinte:
Como sabemos que todas esas "cousiñas" que nos dan medo son divertidas, podemos xogar e disfrutar con elas... podemos convertirnos nos magos, meigas, esqueletes, cabazas,... aos que tememos e descubrir, pensando e xogando, que non temos tanto medo como pensamos.

SESIÓN DO MÉRCORES, 2 DE NOVEMBRO DE 2011
Na sesión de onte, decidimos facer o primeiro paso da pócima do Samaín; participou todo o alumnado de educación infantil.
O primeiro que fixemos foi coller uns recipientes onde podiamos remexer, os sobres que conteñen a sangue das meigas, a sange dos morcegos, etc. e utilizar as nosas palabras máxicas.
 Ao xuntar os polvos máxicos, a auga e as palabras máxicas, conseguimos o que precisamos!!!
... as babas dos monstruos...
... ou o sangue das meigas.
A poción necesita "descansar" ata mañá na nevera, polo que a deixamos nese lugar e agardamos ata o día seguinte.

SESIÓN DO XOVES, 3 DE NOVEMBRO DE 2011
Chega o esperado día.
Como ben dictan as normas para facer o conxuro, é necesario que todos viñamos vestidos con traxes de medo, linternas e cabazas mostruosas.
Aquí tedes ao alumnado de 3 anos... tenebrosoooo!!!
E aquí ao de 4 anos... vaia medoooo!!!
... e os de 5 anos estaban monstruosos!!!
Despois de retomar nas aulas a lectura dos contos xa contados noutras sesións, decidimos baixar á aula de música, decorada coas cabazas aportadas polas familias.
Ao entrar na aula, atopámonos con estes simpáticos monstruos que puidemos tocar... eran suaves, suaves!!! 
 Todo estaba a escuras, polo que utilizamos as nosas linternas; alumeamos todo o que estaba ao noso arredor: cabazas, meigas, esqueletes... pero non tiñamos medo!!!... todo era moi divertido!!!
A mestra Lorena tamén estaba convertida nunha meiga e nos contou o conto "Guille e os monstruos" co que pasamos un momento moi "tenebroso"... escoitamos todos os ruidos que Guille escoitaba na súa casa pero entendimos, igual co protagonista, que son sons normais que acontecen as veces nas nosas casas, nas aulas,...
 Ao rematar a lectura do conto, decidimos seguir coa elaboración da pócima. As "babas", o "sangue",... quedarán conxelados polo que abrandamos un pouco a pócima coa axuda duns garfos.
 As meigas tamén nos deixaron un bote sorpresa no que puidemos atopar gusanos, cerebros, ... e os botamos na pócima.
 Que ben o estabamos a pasar facendo cousiñas de medo!!!... que mellor que degustar a pócima para rematar de pasar un bo momento. 
 ... estaba boísima!!!
A verdade é que foi unha xornada moi divertida e amena onde o medo ás meigas, aos esqueletes, á escuridade,... non existíu. ATA A PRÓXIMA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario